CANCELACIÓN ESPAZO ACTIVO – PASABODEGHAS 2020
Os vindeiros 24 e 25 de outubro tería lugar unha nova edición do Espazo Activo da Ulla. O 24 á tardiña celebraríase o “Pasabodeghas”, e este ano era especial porque tocaba festexar os seus 10 anos.
A situación é complexa; cómpre ter responsabilidade a nivel sanitario e social. É tempo de repousar e de gardar forzas para organizar e vivir esta iniciativa no 2021.
O importante é que a esencia deste encontro perdure no tempo, sendo unha aposta por descubrir o sentir da aldea, por coñecer as tradicións, os costumes, a gastronomía, a música e as xentes da Ulla.
Dende a Asociación Cultural San Campio, entidade organizadora do Espazo Activo – Pasabodeghas decidimos cancelar esta edición de 2020, e agardamos que para o vindeiro ano nos poidamos atopar de novo.
Mentres tanto, seguimos a traballar para retomar aquelas formas de vivir que son parte da nosa vida social e cultural…pero con moito sentidiño!
E como dicimos sempre… moita festa, moita festa…e o millo sen apañar…
Este ano vai tocar apañalo!
Saúde e adiante!